Servizos de Olladas Centro Óptico
En Olladas Centro Óptico contamos coa última tecnoloxía para ofrecerlle o mellor diagnóstico, tanto visual como auditivo. Realizamos aos nosos clientes un exhaustivo exame visual encamiñado a ofrecer a mellor opción en función das súas necesidades individuais.
A nosa experiencia en Optometría clínica fai que o coidado dos ollos e a súa saúde visual estean nas mellores mans. Levamos desde o 1987 atendendo a clientes satisfeitos e axudándolles a mellorar o seu confort e seguridade no día a día.
Traballamos cos mellores laboratorios de lentes de contacto e lentes oftálmicas.

Optometría clínica
En Olladas Centro Óptico aplicamos a Optometría desde a súa base clínica, é dicir, valoramos e estudamos o estado visual e a saúde ocular de cada paciente de forma personalizada.
Os nosos exames visuais inclúen:
- Valoración da Agudeza Visual.
- Gradación.
- Exame da saúde ocular.
- Tonometría (toma da presión intraocular)
- Topografía.
- Retinografía (fondo de ollo).
- Exame binocular.

Terapia Visual
A Terapia Visual é unha parte da Optometría clínica que trata de forma activa defectos acomodativos ou da visión binocular (entre outras cousas). É especialmente utilizada en nenos con problemas no desenvolvemento visual e en casos de ambliopía (ollo vago).

Control de Miopía
A miopía está catalogada como unha das pandemias do futuro xa que se estima que, no 2050, aproximadamente o 50% da poboación será miope.
O abuso de dispositivos dixitais, a temprana escolarización e a diminución de actividades ao aire libre, están a provocar que cada vez máis nenos sexan miopes, o que, nun futuro, tradúcese como un aumento no risco de padecer patoloxías de polo posterior (retina). Por iso, no noso centro especializámonos na xestión da Miopía mediante diferentes técnicas para tentar frear o máximo posible o avance da miopía nos máis novos e reducir os riscos que esta conleva a longo prazo.

Contactoloxía
No noso centro somos especialistas en lentes de contacto individualizadas e específicas para patoloxías corneales. Traballamos todo tipo de lentes de contacto:
- Brandas.
- Ríxidas permeables.
- Progresivas.
- Esclerales.
- Ortoqueratoloxía.
- Control de miopía.
- Córneas irregulares ( transplantes, queratoconos...).

Baixa Visión
En Olladas Centro Óptico axudamos ás persoas con Baixa Visión a atopar as axudas visuais máis adecuadas e, así, mellorar a súa calidade de vida e recuperar, na medida do posible, a súa independencia.

Audioloxía
En Olladas Centro Óptico somos especialistas en audioloxía e prótese auditivas.
Realizamos avaliacións auditivas completas e atopamos o audífono máis adecuado para cada caso e cada tipo de perda.


¡Solicita a túa cita e visita o noso centro óptico en Pontevedra!
Se queres vir a visitarnos non dubides en poñerte en contacto e solicitar unha cita previa de manera online. A duración media das revisión é dunha hora.
Propoémoste uns horarios para solicitar as túas citas previas, se algún deles no se che axusta non dubides en contactar e solicitar outro horario para a revisión.
- Xoves ás 12:00 horas
- Xoves ás 18:30 horas
- Martes ás 10:00 horas

Tarifas das citas
- Graduación: 20€
- Medida presión intraocular: 5€
- Topografía: 20€
- Retinografía: 20€
- Revisión de graduación + PIO + Retinografía: 30€
- Adaptación de lentes de contacto desde 60€
¿Precisa un óptico? Visítanos en Pontevedra
Non dubides en visitarnos no noso establecemento en Pontevedra se queres saber máis sobre os nosos servizos ou se desexas facerte cunhas lentes ou lentes de contacto das mellores calidades.