Olladas Centro Óptico - Servizos de calidade na nosa óptica en Pontevedra

Servizos de calidade na nosa óptica en Pontevedra

¡Pide a túa cita!

Servizos de Olladas Centro Óptico

En Olladas Centro Óptico contamos coa última tecnoloxía para ofrecerche o mellor diagnóstico, tanto visual como auditivo. Realizamos aos nosos clientes un exhaustivo exame visual encamiñado a ofrecer a mellor opción en función das súas necesidades individuais.

A nosa experiencia en optometría clínica en Pontevedra fai que o coidado dos ollos e a súa saúde visual estean nas mellores mans. Levamos desde o ano 1987 atendendo a clientes satisfeitos e axudándolles a mellorar o seu confort e seguridade no día a día.

Traballamos cos mellores laboratorios de lentes de contacto e lentes oftálmicas.

Olladas Centro Óptico - Servicios de Olladas Centro Óptico
Olladas Centro Óptico - Optometría clínica

Optometría clínica

En Olladas Centro Óptico aplicamos a optometría desde a súa base clínica, é dicir, valoramos e estudamos o estado visual e a saúde ocular de cada paciente de forma personalizada.

Os nosos exames visuais inclúen:

  • Valoración da Agudeza Visual
  • Gradación
  • Exame da saúde ocular
  • Tonometría (toma da presión intraocular)
  • Topografía
  • Retinografía (fondo de ollo)
  • Exame binocular

Terapia visual

A terapia visual en Pontevedra é unha parte da optometría clínica que trata de forma activa defectos acomodativos ou da visión binocular (entre outras cousas). É especialmente utilizada en nenos con problemas no desenvolvemento visual e en casos de ambliopía (ollo vago).

Olladas Centro Óptico - Terapia Visual
Olladas Centro Óptico - Control de Miopía

Control de miopía

A miopía está catalogada como unha das pandemias do futuro xa que se estima que, no 2050, aproximadamente o 50% da poboación será miope.

O abuso de dispositivos dixitais, a temperá escolarización e a diminución de actividades ao aire libre, están a provocar que cada vez máis nenos sexan miopes, o que, nun futuro, tradúcese como un aumento no risco de padecer patoloxías de polo posterior (retina). Por iso, no noso centro especializámonos na xestión da Miopía mediante diferentes técnicas para tentar frear o máximo posible o avance da miopía nos máis novos e reducir os riscos que esta implica a longo prazo.

Contactoloxía

No noso centro somos especialistas en lentes de contacto individualizadas en Pontevedra e específicas para patoloxías das córneas. Traballamos todo tipo de lentes de contacto:

  • Brandas
  • Ríxidas permeables
  • Progresivas
  • Esclerales
  • Ortoqueratoloxía
  • Control de miopía
  • Córneas irregulares (transplantes, queratoconos...)
Olladas Centro Óptico - Contactoloxía
Olladas Centro Óptico - Baixa Visión

Baixa visión

En Olladas Centro Óptico axudamos ás persoas con baixa visión en Pontevedra a atopar as axudas visuais máis adecuadas e, así, mellorar a súa calidade de vida e recuperar, na medida do posible, a súa independencia.

Audioloxía

En Olladas Centro Óptico somos especialistas en audioloxía e próteses auditivas en Pontevedra.

Realizamos avaliacións auditivas completas e atopamos o audiófono máis adecuado para cada caso e cada tipo de perda.

Olladas Centro Óptico - Audioloxía

¡Solicita a túa cita e visita o noso centro óptico en Pontevedra!

Olladas Centro Óptico - Tarifas de las citas

Se queres vir a visitarnos non dubides en poñerte en contacto e solicitar unha cita previa de maneira online. A duración media das revisións é dunha hora.

Propoñémosche uns horarios para solicitar as túas citas previas, se ningún deles se axusta ás túas necesidades, non dubides en contactar e solicitar outro horario para a revisión.

  • Xoves ás 12:00 horas
  • Xoves ás 18:30 horas
  • Martes ás 10:00 horas



Tarifas das citas

  • Graduación: 20 €
  • Medida presión intraocular: 5 €
  • Topografía: 20 €
  • Retinografía: 20 €
  • Revisión de graduación + PIO + Retinografía: 30 €
  • Adaptación de lentes de contacto desde 60 €

Pide a túa cita de maneira rápida

639 929 517 986 852 491

Venda de produtos ópticos e audiolóxicos en Pontevedra

Realizamos diferentes estudos visuais e audiolóxicos grazas á aparatoloxía de gran calidade e eficacia coa que contamos na nosa óptica en Pontevedra e, tras analizar o estado de cada cliente, ofrecemos os produtos que mellor se adapten ás túas necesidades.

Comercializamos todo tipo de lentes graduadas, tanto de sol como simples, lentes de contacto e audiófonos coa mellor tecnoloxía.

Queres mellorar o teu día a día con algún dos nosos produtos? Non dubides en visitarnos nas nosas instalacións se queres facerche con algún dos nosos produtos, ofrecerémosche unha atención totalmente personalizada.

Olladas Centro Óptico - Venta de productos ópticos y audiológicos en Pontevedra

Precisas un centro óptico? Visítanos en Pontevedra

Non dubides en visitarnos no noso establecemento en Pontevedra se queres saber máis sobre os nosos servizos ou se desexas facerte cuns anteollos ou lentes de contacto das mellores calidades.

639 929 517 986 852 491