Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Novas de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Novas de interese de Olladas Centro Óptico en Pontevedra. Todas as novas e a información relativa á óptica en Pontevedra e todos nosos servizos e produtos.

Guía básica para saber se precisas unha revisión auditiva. 18 Set

Guía básica para saber se precisas unha revisión auditiva.

18/09/2026 Novas.

Non paras de pedir que te repitan as cousas? Nas fases iniciais dunha perda de audición, o usuario non sempre se decata dese cambio posto que ao mellor, no seu día a día, non se atopa en situacións onde poida darse de conta ou onde lle inflúa. Por iso, hoxe queremos deixarvos uns pequenos exemplos claros de que é hora de facerse unha revisión auditiva. Estás pedindo sempre que che repitan as cousas. Básico pero moi indicativo. A túa audición empeora ou sínteste inseguro en reunións ou convers...

Ler máis

O que non che contan das túas lentillas. 9 Xuñ

O que non che contan das túas lentillas.

09/06/2026 Novas.

O uso das lentillas está tan extendido e tan normalizado que pensamos que todas as lentillas son iguais e que non supoñen ningún risco para os nosos ollos. E nada máis lonxe.  Hoxe contamos 4 cousas que seguro que non sabías sobre as lentes de contacto. Non todas son iguais, aínda que o parezan. Cada lentilla ten uns parámetros de tamaño e forma diferentes, coma os zapatos, polo que o seu movemento e comportamento no ollo varía puidendo afectar á integridade do ollo. Por iso, as lentillas semp...

Ler máis

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas. 13 Mai

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas.

13/05/2026 Novas.

Vai ser máis doado do que pensas. Sí, sabemos que o cambio ás gafas progresivas ás veces da medo. É unha constante no noso traballo, mais a maior parte das veces, é tan sinxelo que nin vos enterades. Hai unhas cantas cousas a ter en conta antes de dar o paso, por suposto.  1. Esperar o momento axeitado. Ás veces, tirámonos directamente ao progresivo xa sexa por aforrar uns cartos ou por ter unha gafa "todo-uso", pero nalgúns casos, é mellor esperar un pouquiño ata que xa o usuario demande ese...

Ler máis

Gafas con lentes de cores, moda ou función visual? 21 Abr

Gafas con lentes de cores, moda ou función visual?

21/04/2026 Novas.

Non só é moda. Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lentes existen fai moitos anos como filtros terapéuticos de corte selectivo para as personas con baixa visión. Os filtros terapéuticos filtran lonxitudes de onda concretas, mellorando os contrastes e o confort visual a estas persoas cuxo resto visual e moi limitado. Iso sí, non serve calquera lente laranxa ou amarela. Os filtros selectivos son lentes dunha fabricación moi espec...

Ler máis

Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.

O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade está ben avanzada.  Entón, como podemos detectala a tempo? Sinxelo, revisando a nosa visión de forma completa periódicamente, especialmente se cumprimos un o máis dos seguintes criterios:- Ter máis de 40...

Ler máis

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día. 24 Feb

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día.

24/02/2026 Novas.

Imaxina espertar e ver con claridade. Que buscar as gafas na mesilla de noite non sexa o teu primeiro impulso. Pois iso é o que conseguiremos coa Ortoqueratoloxía.  Correxir a miopía durante as horas de sono e non depender de corrección durante o día é posible grazas a estas lentillas de uso nocturno.  Grazas a unha adaptación personalizada, estas lentillas realizan un moldeo na superficie externa da córnea que nos permite correxir a miopía para ver ben durante o día sen gafas nin lentillas.  ...

Ler máis