Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

O que non che contan das túas lentillas.

Publicado: 09 de xuño de 2026, 18:00
  1. Novas.
O que non che contan das túas lentillas.

O uso das lentillas está tan extendido e tan normalizado que pensamos que todas as lentillas son iguais e que non supoñen ningún risco para os nosos ollos. E nada máis lonxe. 

Hoxe contamos 4 cousas que seguro que non sabías sobre as lentes de contacto.

Non todas son iguais, aínda que o parezan. Cada lentilla ten uns parámetros de tamaño e forma diferentes, coma os zapatos, polo que o seu movemento e comportamento no ollo varía puidendo afectar á integridade do ollo. Por iso, as lentillas sempre deben ser adaptadas e revisadas periódicamente por un profesional.

As lentillas privan de Oxíxeno ao ollo. A nosa córnea é un órgano perfectamente transparente grazas á ausencia de inervación sanguínea, isto significa que o O2 que precisa para as súas funcións metabólicas consígueo a través do aire. As lentillas, aínda que en baixa medida, limitan o paso do O2 á córnea, polo que un uso indebido delas pode afectar á nosa saúde visual.

E ao igual que non todas as lentillas son iguais, o mesmo para cos líquidos de mantemento. Nin son iguais nin teñen as mesmas funcións, polo que é importante estudar qué é o máis necesario para a nosa saúde ocular e buscar o líquido máis axeitado. E despois serlle fiel, claro. O líquido é o resposable da interacción ollo-lentilla é un dos principais causantes de incomodidade con elas. Facédenos caso e buscade un bo.

E, por último, coidado coa auga. As lentillas nunca deben tocar a auga do grifo, praias ou piscinas, pero por que? Pois porque estas augas levan bacterias que poden adherirse ás lentillas e causar numerosas infección que poden chegar a poñer en perigo a nosa visión. Para praias e piscinas sempre recomendamos lentillas diarias ou sistemas de peróxido que desinfecten en profundidade.

Pedide cita no 639929517 para unha revisión visual no noso centro de Pontevedra e usade as lentillas con toda a seguridade para a vosa saúde visual.

Noticias relacionadas

Guía básica para saber se precisas unha revisión auditiva. 18 Set

Guía básica para saber se precisas unha revisión auditiva.

18/09/2026 Novas.
Non paras de pedir que te repitan as cousas? Nas fases iniciais dunha perda de audición, o usuario non sempre se decata dese cambio posto que ao mellor, no seu día a día, non se atopa en situacións onde poida darse de conta ou onde lle inflúa. Por iso, hoxe queremos deixarvos uns pequenos exemplos
Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas. 13 Mai

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas.

13/05/2026 Novas.
Vai ser máis doado do que pensas. Sí, sabemos que o cambio ás gafas progresivas ás veces da medo. É unha constante no noso traballo, mais a maior parte das veces, é tan sinxelo que nin vos enterades. Hai unhas cantas cousas a ter en conta antes de dar o paso, por suposto.  1. Esperar o momento
Gafas con lentes de cores, moda ou función visual? 21 Abr

Gafas con lentes de cores, moda ou función visual?

21/04/2026 Novas.
Non só é moda. Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lentes existen fai moitos anos como filtros terapéuticos de corte selectivo para as personas con baixa visión. Os filtros terapéuticos filtran lonxitudes de onda concretas,
Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.
O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade