Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Diabetes e visión.

Publicado: 15 de novembro de 2022, 18:00
  1. Novas.
Diabetes e visión.

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabete e conmemorámolo da mellor maneira que sabemos, informándovos das principais consecuencias visuais desta enfermidade.

E a Diabete, a pesar de ser unha enfermidade sistémica, ten un impacto visual moi importante: a Retinopatía Diabética. Esta patoloxía caracterízase por danos causados nos vasos sanguíneos da retina que, a longo prazo, poden levar á cegueira.

Ao principio, estes pacientes poden non mostrar ningún síntoma, pero a medida que a enfermidade progresa, adoitan aparecer os seguintes síntomas:

- Visión borrosa.

- Visión fluctuante.

- Flotadores (miodesopsias).

- Perda do campo visual.

- Perda da visión global.

A retinopatía diabética pode afectar tanto a diabéticos tipo I como tipo II e a única forma de previla é seguindo o tratamento indicado para a enfermidade e asistir a revisións visuais anuais que inclúen unha exploración do fondo ocular.

Se estás en Pontevedra ou arredores, podes pedir xa unha cita no noso centro para a túa revisión visual. Exploración do fondo, medición da presión intraocular e todas as probas necesarias para unha avaliación completa da saúde visual.

Noticias relacionadas

Escolle os audífonos axeitados. 18 Nov

Escolle os audífonos axeitados.

18/11/2025 Novas.
Escoller audífono de forma axeitada non é sinxelos. Hai moitos tipos diferentes e cada un ten os seus beneficios. Mais para iso estamos nós. Imos comentar dous tipos de audífonos dos máis frecuentes. Os audífonos RIE son aqueles que se colocan detrás da orella e se conectan cun pequeno cable ata o
Beneficios laborais de levar audífonos. 26 Ago

Beneficios laborais de levar audífonos.

26/08/2025 Novas.
O paso de levar audífonos non é sinxelo, sabémolo. Por desgraza, todavía existen moitos prexuizos sociais sobre o uso destas próteses e, por iso, moitos usuarios rexeitan o seu uso. Mais, cando a perda auditiva afecta á nosa vida laboral, pode xerar estrés e ansiedade, prexudicando tamén a nosa
Por que non debes levar unha 9 Xuñ

Por que non debes levar unha "mala" gafa de sol.

09/06/2025 Novas.
As lentes das gafas de sol (as de boa calidade, claro) filtran os raios UV do sol e evitan que cheguen á nosa retina.  Pero que pasa cando poñemos unhas gafas de sol non homologadas? Que non só non van filtrar os raios UV senon que van permitir a entrada de máis destes raios nos teus ollos.
Por qué debes utilizar gafas de sol todo o ano? 20 Mai

Por qué debes utilizar gafas de sol todo o ano?

20/05/2025 Novas.
Cando vindes revisarvos ao noso centro, sempre insistimos moito en se utilizades gafas de sol e cando, e é que o uso de gafas de sol homologadas é algo esencial para o coidado da nosa saúde visual.  Porque as gafas de sol non son só para o verán e días de moito sol. A súa función é a de filtrar os

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.