Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Diabetes e visión.

Publicado: 15 de novembro de 2022, 18:00
  1. Novas.
Diabetes e visión.

Onte, 14 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Diabete e conmemorámolo da mellor maneira que sabemos, informándovos das principais consecuencias visuais desta enfermidade.

E a Diabete, a pesar de ser unha enfermidade sistémica, ten un impacto visual moi importante: a Retinopatía Diabética. Esta patoloxía caracterízase por danos causados nos vasos sanguíneos da retina que, a longo prazo, poden levar á cegueira.

Ao principio, estes pacientes poden non mostrar ningún síntoma, pero a medida que a enfermidade progresa, adoitan aparecer os seguintes síntomas:

- Visión borrosa.

- Visión fluctuante.

- Flotadores (miodesopsias).

- Perda do campo visual.

- Perda da visión global.

A retinopatía diabética pode afectar tanto a diabéticos tipo I como tipo II e a única forma de previla é seguindo o tratamento indicado para a enfermidade e asistir a revisións visuais anuais que inclúen unha exploración do fondo ocular.

Se estás en Pontevedra ou arredores, podes pedir xa unha cita no noso centro para a túa revisión visual. Exploración do fondo, medición da presión intraocular e todas as probas necesarias para unha avaliación completa da saúde visual.

Noticias relacionadas

Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.
O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade
Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día. 24 Feb

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día.

24/02/2026 Novas.
Imaxina espertar e ver con claridade. Que buscar as gafas na mesilla de noite non sexa o teu primeiro impulso. Pois iso é o que conseguiremos coa Ortoqueratoloxía.  Correxir a miopía durante as horas de sono e non depender de corrección durante o día é posible grazas a estas lentillas de uso
Plan Veo. 12 Feb

Plan Veo.

12/02/2026 Novas.
O Plan Veo xa está activo e nós xa formamos parte dos centros adheridos. Pero quenes poden beneficiarse desta axuda? Pois todos los menores de 16 anos (16 incluidos) que necesiten corrección óptica xa sexa de gafas ou lentillas.  A axuda é de ata 100€ e pode invertirse en: - Montura + cristais
Escolle os audífonos axeitados. 18 Nov

Escolle os audífonos axeitados.

18/11/2025 Novas.
Escoller audífono de forma axeitada non é sinxelos. Hai moitos tipos diferentes e cada un ten os seus beneficios. Mais para iso estamos nós. Imos comentar dous tipos de audífonos dos máis frecuentes. Os audífonos RIE son aqueles que se colocan detrás da orella e se conectan cun pequeno cable ata o