Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Erros de refracción: Miopía.

Publicado: 10 de maio de 2022, 17:56
  1. Novas.
Erros de refracción: Miopía.

A miopía é o erro de refracción que se produce cando o ollo é máis grande do habitual ou cando ten unha potencia focal excesiva.

Mentres que nos ollos sen erro de refracción (emetropía) a imaxe observada enfoca a retina producindo unha imaxe nítida, nos ollos miopes a imaxe que observamos enfoca diante da retina, dando lugar a unha imaxe borrosa e distorsionada.

Canto máis afastado estea o obxecto no que queremos enfocar, máis borroso o veremos debido ao exceso de poder dióptrico dos ollos.

Este erro de refracción corríxese con lentes negativas ou diverxentes que restan esas dioptrías extra e permiten enfocar a imaxe na retina.

Na actualidade, a miopía está considerada unha das futuras pandemias xa que se estima que en 2050 aproximadamente o 50% da poboación mundial será miope. Isto débese en gran medida ao uso de dispositivos dixitais e ao pouco tempo que pasamos ao aire libre, especialmente os máis pequenos. Por iso, “Control da Miopía” permítenos ralentizar e controlar a evolución da miopía en nenos e adolescentes para evitar chegar a grandes receitas e poder minimizar os problemas de saúde ocular no futuro.

Tes moita máis información sobre el nas entradas anteriores do blog e na nosa web.

Noticias relacionadas

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día. 24 Feb

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día.

24/02/2026 Novas.
Imaxina espertar e ver con claridade. Que buscar as gafas na mesilla de noite non sexa o teu primeiro impulso. Pois iso é o que conseguiremos coa Ortoqueratoloxía.  Correxir a miopía durante as horas de sono e non depender de corrección durante o día é posible grazas a estas lentillas de uso
Plan Veo. 12 Feb

Plan Veo.

12/02/2026 Novas.
O Plan Veo xa está activo e nós xa formamos parte dos centros adheridos. Pero quenes poden beneficiarse desta axuda? Pois todos los menores de 16 anos (16 incluidos) que necesiten corrección óptica xa sexa de gafas ou lentillas.  A axuda é de ata 100€ e pode invertirse en: - Montura + cristais
Escolle os audífonos axeitados. 18 Nov

Escolle os audífonos axeitados.

18/11/2025 Novas.
Escoller audífono de forma axeitada non é sinxelos. Hai moitos tipos diferentes e cada un ten os seus beneficios. Mais para iso estamos nós. Imos comentar dous tipos de audífonos dos máis frecuentes. Os audífonos RIE son aqueles que se colocan detrás da orella e se conectan cun pequeno cable ata o
Beneficios laborais de levar audífonos. 26 Ago

Beneficios laborais de levar audífonos.

26/08/2025 Novas.
O paso de levar audífonos non é sinxelo, sabémolo. Por desgraza, todavía existen moitos prexuizos sociais sobre o uso destas próteses e, por iso, moitos usuarios rexeitan o seu uso. Mais, cando a perda auditiva afecta á nosa vida laboral, pode xerar estrés e ansiedade, prexudicando tamén a nosa

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.