Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Lentes progresivas: como elixir?

Publicado: 07 de xuño de 2022, 19:00
  1. Novas.
Lentes progresivas: como elixir?

Sabemos que un dos grandes dilemas á hora de decidirse polas lentes progresivas é escoller entre a gran variedade de gamas e calidades que ofrecemos.

Hoxe, imos darche algúns consellos para axudarche a escoller o que mellor se adapta ao teu caso.

En primeiro lugar, temos que dicir que con todas as lentes progresivas imos ter algunhas aberracións laterais causadas pola diferenza de prescrición entre a parte superior e inferior do cristal. As distintas gamas de lentes difiren na anchura do campo visual claro que teremos nas zonas de visión intermedia e próxima. Polo tanto, canto maior sexa a calidade da lente, maior campo teremos e máis cómodas serán as lentes. Ademais, as gamas personalizadas adaptan as lentes ás necesidades visuais do usuario, minimizando as dificultades de adaptación.

En segundo lugar, tamén hai que ter en conta a prescrición do usuario, xa que canto maior sexa a prescrición, maiores serán as aberracións laterais que terá a lente e máis nos beneficiaremos dunha progresiva de gama alta.

Á hora de elixir hai que ter en conta sempre as necesidades que temos para as lentes como usuario. As lentes para conducir non son o mesmo que as lentes para ver o ordenador durante 8 horas ao día. O máis normal é que, no primeiro caso, o usuario se conforme cun progresivo de calidade intermedia xa que a súa demanda visual é principalmente de lonxe, sen embargo, no segundo caso, moi probablemente estará máis cómodo cunha lente ocupacional ( progresivos de oficina que teñen un rango de prescrición inferior e están pensados para usuarios que pasan longas xornadas diante das pantallas) xa que a súa demanda visual é, principalmente, de distancia intermedia e/ou próxima. En moitas ocasións, os usuarios optan por 2 lentes diferentes, unha progresiva normal para a súa vida diaria fóra do traballo e unha lente profesional para longos días na oficina.

É importante que, se confiamos no noso centro óptico, nos deixemos asesorar por profesionais xa que, ao contrario do que poida parecer, son os primeiros interesados en que o cliente saia contento coa súa decisión e quede satisfeito coas súas gafas. tratarán de vender algo que se adapte ás necesidades do cliente.

Noticias relacionadas

Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.
O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade
Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día. 24 Feb

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día.

24/02/2026 Novas.
Imaxina espertar e ver con claridade. Que buscar as gafas na mesilla de noite non sexa o teu primeiro impulso. Pois iso é o que conseguiremos coa Ortoqueratoloxía.  Correxir a miopía durante as horas de sono e non depender de corrección durante o día é posible grazas a estas lentillas de uso
Plan Veo. 12 Feb

Plan Veo.

12/02/2026 Novas.
O Plan Veo xa está activo e nós xa formamos parte dos centros adheridos. Pero quenes poden beneficiarse desta axuda? Pois todos los menores de 16 anos (16 incluidos) que necesiten corrección óptica xa sexa de gafas ou lentillas.  A axuda é de ata 100€ e pode invertirse en: - Montura + cristais
Escolle os audífonos axeitados. 18 Nov

Escolle os audífonos axeitados.

18/11/2025 Novas.
Escoller audífono de forma axeitada non é sinxelos. Hai moitos tipos diferentes e cada un ten os seus beneficios. Mais para iso estamos nós. Imos comentar dous tipos de audífonos dos máis frecuentes. Os audífonos RIE son aqueles que se colocan detrás da orella e se conectan cun pequeno cable ata o

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.