Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Miodesopsias.

Publicado: 29 de xuño de 2022, 18:20
  1. Novas.
Miodesopsias.

As miodesopsias ou "flotadores" son pequenas manchas observadas no campo visual que se producen, na súa maior parte, como consecuencia do envellecemento do humor vítreo (líquido xelatinoso que se atopa no interior dos nosos ollos). Este envellecemento provoca pequenas acumulacións de coláxeno que flotan no humor acuoso e proxectan a súa sombra sobre a retina, provocando esas molestas pseudoimaxes que na maioría dos casos se describen como moscas.

Os factores predispoñentes para desenvolver este fenómeno son:

- Idade avanzada.

- Miopía alta.

- Operacións oculares.

- Inflamacións e/ou patoloxías oculares.

Aínda que nun principio son moi molestos porque aparecen constantemente no noso campo visual, co paso do tempo o noso cerebro acaba acostumándose a eles e acaba “cancelando” estas “moscas” a maior parte do tempo.

A pesar de ser frecuentes e de pouca relevancia, é importante acudir a unha revisión cando aparecen e, sobre todo, se o número ou tamaño das Miodesopsias aumenta bruscamente para unha avaliación completa.

Noticias relacionadas

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas. 13 Mai

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas.

Fai 6 horas Novas.
Vai ser máis doado do que pensas. Sí, sabemos que o cambio ás gafas progresivas ás veces da medo. É unha constante no noso traballo, mais a maior parte das veces, é tan sinxelo que nin vos enterades. Hai unhas cantas cousas a ter en conta antes de dar o paso, por suposto.  1. Esperar o momento
Gafas con lentes de cores, moda ou función visual? 21 Abr

Gafas con lentes de cores, moda ou función visual?

21/04/2026 Novas.
Non só é moda. Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lentes existen fai moitos anos como filtros terapéuticos de corte selectivo para as personas con baixa visión. Os filtros terapéuticos filtran lonxitudes de onda concretas,
Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.
O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade
Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día. 24 Feb

Ortoqueratoloxía: Esquécete das gafas e lentillas durante o día.

24/02/2026 Novas.
Imaxina espertar e ver con claridade. Que buscar as gafas na mesilla de noite non sexa o teu primeiro impulso. Pois iso é o que conseguiremos coa Ortoqueratoloxía.  Correxir a miopía durante as horas de sono e non depender de corrección durante o día é posible grazas a estas lentillas de uso