Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Traballas no ordenador e usas lentes progresivos?

Publicado: 14 de xaneiro de 2025, 18:00
  1. Novas.
Traballas no ordenador e usas lentes progresivos?

Mellora a comodidade coa túa gafa.

Sabemos que adaptarse aos progresivos non siempre es doado, por iso, hoxe traemos uns tips para facilitarvos ese proceso.

Axusta a altura e distancia do ordenador. Esta é unha das queixas principais dos novos usuarios de progresivos que traballan en oficina. E a solución é tan sinxela como mover e reaxusta-la posición do ordenador.

Modifica a altura da túa cadeira. Por ergonomía postural, é certo que téndese a poñer a pantalla do ordenador á altura dos ollos, mais a ergonomía visual e os lentes progresivos piden que a pantalla esté un chisquiño máis baixa, de xeito que non teamos que levantar ó pescozo para atopar a zoa de cerca.

Acostúmate a mover a cabeza ou os ollos segundo a tarefa que estés a facer. As gafas progresivas caracterízanse por variar a súa graduación ao longo do lente, iso implica que, en función da distancia, debemos mirar por unha zoa ou outra da gafa. Aínda que remata sendo un xesto automático, ao principio debemos aprender a mover a cabeza e os ollos para buscar ese punto de visión nítida.

Pon a gafa continuamente. Aínda que a graduación de lonxe sexa pouca e non a necesites en todo momento, a mellor forma de adaptarnos á gafa progresiva é poñéndoa continuamente.

Estos tips son só uns truquiños para axudaros a faceros con esas gafas ás que non rematades de acoplaros. Iso sí, a mellor forma de levar cómoda a gafa progresiva é apostar por uns lentes de calidade e facerlle caso ao voso optometrista de confianza.

Pedide cita para a vosa revisión no 639929517 e axudarémosvos a solucionar os vosos problemas visuales.

Noticias relacionadas

O que non che contan das túas lentillas. 9 Xuñ

O que non che contan das túas lentillas.

09/06/2026 Novas.
O uso das lentillas está tan extendido e tan normalizado que pensamos que todas as lentillas son iguais e que non supoñen ningún risco para os nosos ollos. E nada máis lonxe.  Hoxe contamos 4 cousas que seguro que non sabías sobre as lentes de contacto. Non todas son iguais, aínda que o parezan.
Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas. 13 Mai

Deixa o medo de non adaptarte ás gafas progresivas.

13/05/2026 Novas.
Vai ser máis doado do que pensas. Sí, sabemos que o cambio ás gafas progresivas ás veces da medo. É unha constante no noso traballo, mais a maior parte das veces, é tan sinxelo que nin vos enterades. Hai unhas cantas cousas a ter en conta antes de dar o paso, por suposto.  1. Esperar o momento
Gafas con lentes de cores, moda ou función visual? 21 Abr

Gafas con lentes de cores, moda ou función visual?

21/04/2026 Novas.
Non só é moda. Aínda que agora vexas moitas lentes amarelas, laranxas e vermellas pola rúa, no mundo da ópticas esas lentes existen fai moitos anos como filtros terapéuticos de corte selectivo para as personas con baixa visión. Os filtros terapéuticos filtran lonxitudes de onda concretas,
Visión e Glaucoma. 10 Mar

Visión e Glaucoma.

10/03/2026 Novas.
O 12 de marzo é o día mundial do Glaucoma. O Glaucoma é unha enfermidade silenciosa que afecta ao nervio óptico provocando, nos estadíos máis avanzados, unha cegueira irreversible. E por que a chamamos silenciosa? Pois porque na maior parte dos casos non provoca síntomas ata que a enfermidade